mércores, 25 de agosto de 2010

Espazo protexido

180 x 130 cms. Óleo sobre lenzo. 2008

As illas Cíes arróupanse na pel dos andamios que as protexen das inclemencias do tempo, máis tamén as ameazan como se de coitelos se trataran, desexosos de ferir nas rochas ata que brote o frío cemento.

Desolación

100 x 89 cms Óleo e tea sobre lenzo. 2006
(Non dispoñible)

Naquel terrible verán de 2006 Galiza estaba ardendo por todos os costados, e a impotencia e a indignación da cidadanía había que expresala dalgunha maneira. Este cadro fai honor a eses sentimentos os cales foron acompañados no proceso de creación da música de Bach, da súa Pasión según San Mateo. As notas estrañas (sostidas), revelábanse como cores cinza e amarelos e verdes "estridentes".